miércoles 12/8/20

A veciñanza de Entrimo sen auga potable tras o incendio que calcinou 3.000 hectáreas

A veciñanza de Entrimo sen auga potable tras o incendio que calcinou 3.000 hectáreas

A situación en Entrimo complícase logo da extinción do incendio que afectou a zona durante unha semana e queimou 3.000 hectáreas. As choivas que caeron nestes días provocaron que as cinzas chegaran ó río Covas e como consecuencia os veciños e veciñas non teñen auga potable. 

Durante a xornada do venres un camión da Axencia Galega de Emerxencias con capacidade para 30.000 litros, abasteceu de auga potable os depósitos do concello. Entre tanto a veciñanza leva días mercando auga para poder beber pois cando abren a billa o líquido sae con cinza e mesmo cheira a queimado. 

A cisterna, con base en Xinzo de Limia, vai facer varias viaxes ata encher os 750.000 litros de capacidade deste depósito. 

Comentarios