martes 21.01.2020

Un veciño de Entrimo a piques de perder un ollo por mor do ataque dunha vaca

O home ingresado no Complexo Hospitalario de Ourense está grave

Un veciño de Entrimo a piques de perder un ollo por mor do ataque dunha vaca

    Os feitos ocorreron na mañá do martes. O home de 46 anos ten unha explotación gandeira na parroquia de Venceas, en Entrimo. Recibiu a visita do veterinario que acudiu para facerlle un seguimento ós animais. 

O facultativo procedeu a sacar sangue a unha vaca mentres o dono desta a suxeitaba. Nese intre o animal escornou de maneira brusca e o seu corno alcanzou o ollo do afectado. De seguido alertaron ós servizos de emerxencia ante a gravidade dos feitos. 

O home permanece ingresado no Complexo Hospitalario de Ourense, no servizo de Neuroloxía e o seu estado é grave. Os médicos tratan de evitar que este gandeiro perda o ollo.

No momento do suceso achegáronse ata o lugar efectivos da Garda Civil, Protección Civil de Entrimo e os GES de Lobios.

Un veciño de Entrimo a piques de perder un ollo por mor do ataque dunha vaca
Comentarios