martes 19/1/21
Entroido

O colexio de Rairiz de Veiga visitou hoxe o Museo do Entroido

Alumnos e alumnas do Colexio de Infantil e Primaria do municipio limián de Rairiz de Veiga visitaron na mañá de hoxe as instalacións do Museo.

Imaxe dos nenos de Rairiz no Museo Galego do Entroido.
Imaxe dos nenos de Rairiz no Museo Galego do Entroido.

Alumnos e alumnas do Colexio de Infantil e Primaria do municipio limián de Rairiz de Veiga visitaron na mañá de hoxe as instalacións do Museo Galego do Entroido en Xinzo de Limia.

Unha das principais actividades nas que o novo xestor do centro museográfico, Iván Prado, está a poñer máis fincapé, é nas visitas de centros de ensino –institutos e colexios– da comarca e de fóra dela. O de Rairiz foi o último en visitar as instalacións, onde os máis pequenos desfrutaron das cores e traxes tradicionais do entroido galego así como das explicacións sobre a súa historia que o guía lles brindou.

O Museo atópase nunha etapa na que busca tamén mellorar a experiencia dos visitantes para se converter en referencia a nivel galego e estatal. "Queremos que a experiencia do visitante se convirta nunha visita máis dinámica e menos estática", afirmaba semanas atrás Iván Prado en entrevista a este medio. 

Comentarios