miércoles 28/7/21

Xinzo cumpriu co desfile…o desfile non cumpriu con Xinzo

Ata o tempo axudou, pero….

15

O público seguiu sendo fiel   a cita do desfile de martes de entroido en  Xinzo.O que neste momento hai que prantexarse, é o de que, ata cando. 

14

Aínda que son moitos os lugares da provincia en que o martes de entroido é moi celebrado, incluíndo A Valenzá en Ourense.O único que non respondeu as expectativas postas no desfile,  foi a afluencia de participantes no mesmo.

Este foi o terceiro ano en que a tendencia vai costa abaixo. O que non vale nestes momentos é lamentarse polas rúas e polos bares como aconteceu unha vez rematado. O que hai , como di o dito” hay que hacérnoslo mirar”.  A culpa, loxicamente non é de ninguén , pero si seguimos así un ano mais seremos todos,iIncluída a hostalaría , os que lamentemos e sigamos dicindo, “para desfiles aqueles”.

A DIRECTORA DE TURISMO NON ESCOLLEU O MELLOR DÍA

12

Despois da tarde noite de onte, en que nos visitou o Presidente da Xunta, esta tarde estivo presente no desfile a Directora Xeral de Turismo, Nava Castro, acompañada do seu xefe de área de Turismo en Ourense Cecilio Santalices, e facendo de anfitrión, como ven sendo habitual nestes casos o concelleiro e parlamentario Carlos Gomez. 

Cando tivemos oportunidade de falar coa representante da Xunta, díxonos que estaba realmente asombrada coa cantidade de xente que se acercara a Xinzo. Loxicamente ela non entrou a valorar a cantidade e a calidade do desfile.

Comentarios