Faltan DOUS días

1
Faltan DOUS días

Hoxe as 12 da mañá cos honores que lle corresponde presentouse no salón de plenos do concello de Xinzo o ENTROIDO máis longo do mundo.

Estaban presentes o Alcalde Antonio Pérez, o Tnt. Alcalde Manuel Cabas e os concelleiros de Cultura Carlos Gomez e Comunicación Monse Lama Tamén acompañaban ós políticos o Pte. da comisión organizadora Sr. Santana e o responsable de Cultura Alfonso Lois.

Tomou a palabra o alcalde para ter un afectuoso recordo e desexarlle unha pronta recuperación a Manolo Santana un clásico da organización do Entroido que este ano estaba ausente, por primeira vez nos últimos 30 anos, por unhas pequenas doenzas.

A continuación foron debullando polo miúdo o programa do Entroido mais longo de España que comezará a noite do sábado co chupinazo que anuncia o domingo fareleiro.