martes 20/10/20

Os bares de Xinzo poderán abrir dúas horas máis en Entroido

    O Concello acaba de recibir unha notificación de Director Xeral e Emerxencias e Interior de Galicia, no que lle confirma que os locais de hostalería teñen dúas horas máis de apertura. Esta medida contémplase para os días 24 e 31 de xaneiro e o 6,7,8,9,10,14 e 15 de febreiro. 

A notificación destaca que "a autorización limítase ó horario especial, sen que supoña unha modificación na actividade que está autorizada coa licenza municipal, estando suxeita ó cumprimento establecido no Real decreto 2816/1982 do 27 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral da policía de espectáculos públicos e actividades recreativas e de toda a normativa de obrigado cumprimento polos titulares dos establecementos no desenvolvemento da actividade". 

Deste xeito os locais teñen oportunidade de cerrar máis tarde e aproveitar o tirón de xente para recuperar uns meses nos que hubo pouca afluencia de persoas, nin sequera no Nadal. Asi os hostaleiros reciben con alegría esta nova e xa están preparándos para esta fin de semana que promete en canto a visitantes, pois parece que o tempo vai vir bo. 

Comentarios