miércoles 30/9/20

Chámanse Berrallos e queren promover o festexo do sábado de Piñata en Xinzo de Limia

Un grupo de mozos e mozas fai un chamamento para alongar a despedida do Entroido 

 

 

 

 

 

 

 

piñata

     A comparsa Berrallos está formada por un grupo de xente da Limia que pretenden promover a celebración do sábado de Piñata pois manteñen que "é único día sen actividade durante o longo ciclo festivo de Entroido".

Con tal motivo fan un chamamento para que todas aquelas persoas que queiran se unan o sábado 13 a partir das 00h na Praza Maior da vila. "Dáse por suposto que ninguén acudirá sen disfrazar e con ganas de despedir o Entroido como se merece", apuntan.

A súa intención é formar unha charanga propia por iso insisten en que "solicitamos a colaboración de tódolos asistentes ós que se lles pide que acudan con algún instrumento, ben sexa real, aparente ou inventado". 

Os Berrallos queren animar a que a xente os acompañen no que consideran o nacemento do sábado de Piñata e inciden en que é unha inciativa para gozar un pouco máis do festexo máis esperado do ano. 

Comentarios