martes 11/5/21

Os disfraces máis orixinais mesturáronse cos máis tradicionais no domingo Oleiro

oleiro

    O domingo amenceu con moi bo tempo e a xente non quixo desperdiciar a oportunidade de lucir os seus disfraces. A colección foi para todos os gustos. Saíron á rúa os traxes máis tradicionais como un grupo de rapaces que representaron a venda de produtos da horta nas feiras e mercados. Mesmo a Deputación de Ourense tivo o seu oco no festexo cunhas velliñas moi amables que agardaban a que chegase a "liña" e que contaron coa presenza de dúas pandeireteiras e un gaiteiro para a amenizar a espera. deputacio

O Oleiro é moi coñecido internacionalmente e dende América Latina chegaron un grupo de cantantes de reggaeton para gozar do xogo das olas. pandilleros

Mesmo os participantes dun coñecido concurso de televisión, quixeron aproveitar a oportunidade de pasar este domingo pola Limia e actuaron de balde para o público. lubi

Tampouco faltaron as irmáns máis coñecidas de Santiago e toda Galicia, que deixaron por un día a Alameda compostelá e pasearon polas rúas da vila. marias

    Agora toca rematar os disfraces para a seguinte fin de semana de troula. O sábado será a noite de corredoiros e sairán as charangas por Xinzo. O domingo Corredoiro é un día moi agardado pois sairán as primeiras Pantallas á rúa.

 

Comentarios