miércoles 30/9/20

O Enterro da Sardiña puxo fin ós días grandes de Entroido en Xinzo

sardiña

    Ás 20h do serán comezou a encherse a Praza Maior de veciños e veciñas que acudiron ó Enterro da Sardiña. A comisión organizadora do festexo chorou a despedida do Entroido e foron os encargados de abrir o pasarrúas. 

PROCESION

A sardiña percorreu a zona dos viños e atravesou a Avenida de Ourense ata chegar á praza onde foi queimada.

Os membros da comisión foron os encargados este ano de dar o pregón con moita burla pola actual situación política de España. A política local tamén estivo presente con críticas sobre as eleccións e sobre algunhas malas prácticas das brigadas municipais. O alcalde entre o público recolleu esas denuncias. 

comision

A charanga XL puxo a música deste enterro que se puido celebrar con normalidade tras parar a choiva que caeu durante o día.

XL

Agora queda a celebración do Domingo de Piñata para por o broche final ó Entroido 2016, pendentes aínda de se finalmente se celebra o desfile aprazado ou non. 

Comentarios