miércoles 30/9/20

A neve e as baixas temperaturas non impediron que a xente gozara do Domingo de Piñata

piñata

   O último día de Entroido festexouse por todo o alto pese ó mal tempo. Amenceu o Domingo de Piñata con moito frío e a medida que avanzou a mañá caeu a neve.

As intensas choivas das que alertaba a predición meteorolóxica foron a causa pola que a comisión decidiu non celebrar o desfile en Piñata. Este tempo de inverno foi tamén o culpable de que a orquestra "La Fórmula" suspendese a súa actuación prevista para a tarde de onte.

Así as cousas, as ganas de despedir o Entroido fixeron que a xente se disfrazase e saise igulamente á rúa. 

Mesmo tivo lugar todo un acontecemento na vila, unha parella de mozos escolleu ese día para festexar a súa voda, neste caso para eles foi un "ajuntamiento". Mesmo recibiron o apoio dos xitanos da aldea que se uniron a eles para festexar o evento. piñata voda

As Pantallas tampouco se resistiron a sair á rúa e pola tarde puido verse un pequeno grupo delas danzando por Xinzo.

piñata pantallas

O inxenio non se perde nin no último día de Entroido así poidemos ver este grupo de mozas con este orixinal disfraz facendo un guiño ó Domingo de Piñata.piñata

Troula Animación foron os encargados de amenizar a festa infantil na que acabaron participando os máis maiores. Uns 50 nenos e nenas tomaron parte dos xogos populares e romperon ata catro piñatas.

piñata zancos

Non faltou a música das charangas XL e Caliqueños que encheron as rúas de baile nesta xornada con temperaturas mínimas. Ás 22h rematou o último pase destas agrupacións e Xinzo dixo adeus ó Entroido ata o ano que ven. 

A neve e as baixas temperaturas non impediron que a xente gozara do Domingo de Piñata
Comentarios