As Pantallas conquistan as rúas de Pontevedra

pantallas
As Pantallas conquistan as rúas de Pontevedra

Un grupo de 10 Pantallas de Xinzo visitou Pontevedra durante a mañá do sábado, acompañados de gaiteiros da Limia. Foron convidados polo concello pontevedrés para comezar así co seu Entroido.

As Pantallas percorreron o caso vello durante unha hora, con paradas técnicas en bares e bailes en prazas. pantalla 2

Os veciños e veciñas da cidade do Lérez quedaron abraiados cos traxes das Pantallas que hoxe teñen un día intenso. Pola tarde, a Televisión de Galicia fará en directo un programa dende a Praza Maior de Xinzo, alí poderemos ver de novo as Pantallas así como diversas actuacións musicais.

A partir das 00h, na Praza Carlos Casares, dará comezo o Entroido 2016 co Petardazo.