sábado 24/10/20

As tendas mudan os xoguetes de Nadal polos disfraces de Entroido

Faltan catro días para que comece unha das festas máis importantes de Xinzo

susi

    Con moito e traballo e contra o reloxo, así se podería resumir a actividade das tendas nestes días previos a que comece o festexo más importante da vila. Están retirando xoguetes para ocupar os estantes cos complementos e artigos de Entroido e por suposto con disfraces.

Este ano fixeron pedidos especiais para os máis pequenos con traxes de "La patrulla canina" e "Star Wars". Para os adultos resérvanse aqueles máis orixinais. Un clásico son os de tela de abrigo de animais, pois esta festa soe vir acompañada de baixas temperaturas e pásase moito tempo na rúa.

Visitamos a Tenda de Susi en Xinzo onde o 50% do establecemento énchese con máis de mil artigos de Entroido. Xa nas datas de Nadal recibiron os primeiros encargos sobre todo de complementos. Din que a crise non afecta ó volume de vendas pero si ós prezos en canto que se antes o gasto medio por disfraz era duns 30 euros agora baixou ata os 15. 

O reloxo da conta atrás sinala que faltan 4 días para que comece o Entroido. reloxo

O venres presentarase a festa de maneira oficial e o sábado terá lugar o Petardazo na Praza Carlos Casares para comezar cun mes de troula polas rúas de Xinzo. 

Comentarios