domingo 7/3/21

Todo Xinzo estivo presente en AQUÍ GALICIA

Moito público asistiu o programa da TVG a pesares do frío

Escola Municipal de gaitas

Non faltou ninguén por estar presente, ben no plató, ben en reportaxes gravados na tarde deste sábado no que o programa da TVG Eiquí Galicia, trasladouse a Xinzo para dar a coñecer a toda Galicia e o exterior, a noticia de que o Entroido de Xinzo 2016 votaba a andar.
MUSICA EN DIRECTO 
Coro AIMILDende a Banda de gaitas da Escola Municipal, pasando pola coral AIMIL, foron pasando o longo da tarde todos aqueles grupos que representan o mundo artístico na nosa vila.
Tamén estivo presente o longo de todo o programa a orquestra NEBRASKA, de Baltar, que fixo as delicias de todos os que ateigaron a Praza Maior durante todo o serán a pesares das baixas temperaturas.

NON SOLO MÚSICA
Ademais dos grupos musicais anteriormente citados, tamén tiveron cabida no escenario de Aquí Galicia, grupos de bailes de maiores e non tanto, que demostraron os seus coñecementos, como foi o caso dun grupo de Zumba, así como un de capoeira.Gripo baile Zumba

 

 

 

 

 

TURISMO, GASTRONOMÍA I EQUITACIÓN
Pastelería PombalTamén  na tarde houbo tempo dun reportaxe no que o Pte. da Organizadora do Entroido 2016, fose ensinando os lugares máis emblemáticos e turísticos da vila, así como o obrador da Pastelería Pombal ensinase a toda Galicia, como se fan as orellas de entroido eiquí en Xinzo, así como a torta tradicional do entroido.
Tamén neste caso enlatado, puidemos ver unha reportaxe sobre as actividades  que se levan a cabo no hipódromo de Antela.
FESTA DO ESQUECEMENTO
Festa do EsquecementoTampouco faltou o momento de subir o escenario os representantes da festa do esquecemento, a segunda festa en importancia no calendario festeiro da nosa vila. Os romanos e os castrexos desta vez pacífica e harmoniosamente compartiron  o espazo que o programa lles dedicou.
Como dixemos, nunha tarde soleada, pero moi fría,  o público aguantou a tarde presenciando en directo todo o que o plató lles mostraba.
Oquesta NebrskaGrupo Capoeira

 

RATO E PUCHO
Xa pola mañá saíron a rúa presentando a súa carroza os míticos Rato e Pucho, que como dixeron  ós presentadores, serán os primeiros en saír a rúa neste entroido 2016. O domingo as 9 da mañá, aínda coas beirarrúas sen colocar, sairán para dende este domingo ata dentro dun mes e pico, facerse notar no entroido.

Comentarios