Máis de 6.000 vexigas para unha semana

Baixo de afumado e secado de vexigas
Máis de 6.000 vexigas para unha semana

Onte comezaron a retirarse as reservadas nos diversos artesáns da comarca

A menos de 24 horas para a saída as rúas das primeiras “pantallas” no DOMINGO CORREDOIRO” xa están preparadas todas as partes da mesma. Unha das imprescindibles para o traxe oficial do Entroido de Xinzo son as vexigas.

O PROCESO COMEZA MES E MEDIO ANTES

Seis ou sete son os artesáns que en Xinzo e nos arredores se dedican a preparación das vexigas. O esencial e ter un baixo no que se poida facer lume para producir fume e sobre todo que estea ben ventilado. Segundo unha das persoas que se dedican a isto comenta que mais importante que o fume é a aireación do local. O lume pónselle dúas ou tres veces a semana, pero o que ten que ter o local é unha boa ventilación.

O 80% TEN QUE RESERVARSE

Cada un dos artesáns de secado de vexigas traballa por encargos. Non podemos facer as que se queira, posto que pode pasar que che queden un montón ao final. Tamén é importante ter un conxelador, para ter un remanente de medio cento aproximado para as roturas, as que están pinchadas e por suposto para encargos de última hora se dese tempo.

vexigas 2

O “supermercado das vexigas” no seu caso está nun matadoiro da provincia de Pontevedra. Antes sempre nos daban por cada cento que comprábamos unhas cantas, pero despois da pandemia, solo dúas ou tres.

Cando chegas hai que metelas uns días no conxelador e despois de desconxelalas, hai que inchalas, pechalas e colgalas. Como dixen antes unha porcentaxe mínima veñen pinchadas, pero con iso temos que contar.

Despois ven o lume, o fume e o secado.

Na metade do proceso, hai que volver a meterlle aire. Todo isto, como todos poden comprender ten uns efectos secundarios de cheiro moi desagradable.

O proceso soe estar rematado en 30 días.

O día de onte a tarde, foi o de reparto a todos aqueles que as teñen reservadas. Hai algúns que como soubemos gastaron 72 € para as vexigas que van a empregar os seus durante os días do entroido.

Antes cada un compraba dúas, pero dependendo dos días que vai a saír de pantalla, pode levar ata media ducia. Os prezos, sen que se entere facenda este ano están sobre os seis euros, que irán subindo ata martes de entroido.

Para rematar a conversa con estes artesáns, queren aclarar que todas as vexigas son de vaca. O que unhas sexan máis pequenas ou máis grandes, todo depende dos anos que tiñan os animais no momento de chegar ao matadoiro.

Artesáns revisando o estado das vexigas
Artesáns revisando o estado das vexigas