O Meco, xa preside o Entroido de Xinzo

Meco 2023
O Meco, xa preside o Entroido de Xinzo

Éxito de participantes e de público que non quixo perderse o segundo día de Entroido da vila

Xa na saída do Meco dende os baixos do Museo do Entroido se prevía que ía haber moita xente , tanto participando como vendo o percorrido e o colgamento do Meco.

A AGUILLADA DESTE ANO FOI PARA " O SEGUNDO"

"O Segundo" aguillada de honra 2023
"O Segundo" aguillada de honra 2023

Como nos últimos anos, antes do colgamento os membros da asociación da Pantalla quere distinguir aos entroideiros de Xinzo, facéndolle entrega da aguillada de mando. Este ano o orgullo recaeu en Segundo Diz Colemenero, coñecido entroideiro, aínda nos tempos en que a participación era escasa, e nos que el saía, sempre solitario escenificando, ata nos catro días seguidos ao mesmo personaxe.

Rematado o acto, o homenaxeado é o encargado de colgar ao Meco, que como sempre despois de dous intentos quedou no seu sitio de honra ata que remate o Entroido.

Aspecto do final do traslado na Avd/ de Ourense
Trasladando o boi na procesión

A alcaldesa acompañada, en labores de reporteira do colgamento do Meco