Nin un lanzador máis cabía na praza

Momento do choque de dúas olas no aire
Nin un lanzador máis cabía na praza

O Oleiro máis multitudinario da historia do Entroido en Xinzo

Xa cando se presentou o calendario deste 2023 do Entroido en Xinzo falaban os organizadores que este ano se prevía que fose o de máis afluencia dos últimos. No Oleiro esta cuestión seguiu acontecendo.

Aspecto de media praza maior no Oleiro

ADIANTO DE HORARIO NO OLEIRO INFANTIL

Debido a gran afluencia de nenos e nenas, e sobre todo de pais impacientes, segundo manifestaron membros da comisión do Entroido, esta mañá non daba tempo de colocar aos nenos por idades, cando os pais xa collían as olas nos carros, cuestión que fixo que o adianto do comezo do Oleiro infantil fose de máis de 20 minutos, dándose a paradoxa que cando tiña que comezar, xa rematara. Esta cuestión de desfase horario fixo que moitos rapaces que viñan da comarca e mesmo de Ourense cando chegaron para hora prevista de inicio, quedáronse coas gañas.

O público ateigaba os balcóns

OLEIRO DE TARDE

Esta vez tamén o moito público asistente xa estaba esperando dende facía máis de media hora polo comezo das olas. A tarde soleada fixo que a espera fose agradable.

A hora prevista chegaron as olas e comezaron os e as lanzadoras a escoller sitio arredor da praza, pero a cuestión era que o número de persoas preparadas para lanzar as olas foi tanta que nin apenas había 15 Cm. De separación entre eles, cuestión que fixo que cada un lanzase moitas menos veces que outros anos, case se as pasaban en certos momentos como os rapaces da mañá.

Parte da rúa dos viños e da praza

Aínda así o espectáculo foi servido e aplaudido moitas veces na tarde, sobre todo cando os “oleiristas” fixeron que as olas chocaran no aire rompendo as dúas xuntas.

Varias veces as olas chocando no aire