Sin palabras!!!

Sin palabras!!!

“O SENTIMENTO” polo Entroido, non se pode expresar con verbas, pero si con feitos

Nunca estivemos no “chupinazo” de Pamplona, pero tendo en conta as dimensións de unha e de outra festa, podemos concluír que o “chupinazo” do Entroido de Xinzo, nada ten que envexar ao outro.

A PRAZA E AS RÚAS RECHEAS

Ramiro e Elvira momentos antes da conta atrás

Cando faltaba mais de media hora para a hora cero, xa non había quen puidera meterse na praza Carlos casares, e cando chegou a conta atrás, que dende o escenario levaron ao unísono con todos os presentes, o concelleiro de Cultura e a Alcaldesa, ata que chegadas as 00:00 os entroideiros explotaron de xúbilo e continuaron a festa, esta vez aos ritmos de Batukada.

ACERTO COA GRAMOLA

A comisión de festa (Raul, Jorge e Adriana) non cabían nos seus traxes ao ver o éxito acadado pola Gramola, cun escenario digno de calquera das orquestras de moda en Galicia, que non deixou a ninguén quedar quieto.

DJs da Gramola, xunto cun membro da comisión