martes 14.07.2020

O cartel do Entroido de Xinzo acada o primeiro premio en Xantar

Foi considerado o mellor cartel presentado ao concurso de Festas de Galicia, presentes en Xantar -Feira Internacional de Turismo gastronómico

O cartel do Entroido de Xinzo acada o primeiro premio en Xantar

Esta tarde o xurado cualificador do concurso de carteis anunciadores de festas gastronómicas e turísticas de Galicia que teñen stand na feira de Xantar deu a coñecer os premios quedando gañador o cartel da festa do Entroido 2020 de Xinzo.

IMG_20200207_191653

No concurso participaron máis dunha vintena de carteis de Galicia e norte de Portugal.

O premio seralle entregado nun acto a realizar mañá as 12:30 no recinto feiral de Expourense.