Cstelao, Otero Pedrayo, Carlos Casares ou Federico Cocho entre outros , estarán presentes no Entroido 2019

333333
Cstelao, Otero Pedrayo, Carlos Casares ou Federico Cocho entre outros , estarán presentes no Entroido 2019

Unha iniciativa da concellería de Cultura

A concellería de Cultura ,para continuar coa difusión e posta en valor do Entroido, despois da declaración de festa de Interés Turístico Internacional decidiu facer unha campaña de imaxe, polas principais rúas de Xinzo, cunhas lonas de 2 x 1 con fotos históricas do Entroido de Xinzo, na que desinteresadamente colaborou a Asociación A pantalla, cedendo as mesmas para a confección das lonas publicitarias. Nelas ademais aparecen frases de autores galegos ,entre os que se encontran os limiáns Carlos Casares e Federico Cocho,ademais de ilustres como Castelao e Otero Pedrayo, todas elas referentes ao Entroido na nosa terra.

Esta iniciativa foi celebrada pola comisión do Entroido.

cats

Marica Campo, Federico Cocho, entre os escritores vivos e tamén Castelao Otero ou Carlos Casares estarán facendo parte do Entroido 2019.