sábado 04.07.2020

Isto non debería estar así

Internacional si, pero con seguridade

Isto non debería estar así

Estas instantáneas que a continuación expoñemos pertencen as 13:15 deste domingo Corredoiro. No pasado domingo de Corredoiro a xente , e sobre todo as Pantallas queixáronse de non ter sitio para correlas. A proba é que en ningún momento se puideron ver carreiras de Pantallas pola rúa dos viños, porque con tanta xente era imposible.

1111111

Este domingo de Entroido a cousa volveuse a repetir. Bo tempo, moitas pantallas, moitos disfraces e ningún sitio para andar a gusto.

Todo o mundo con máis insistencia se preguntaba, por que non cortan a estrada xeral para que todos nos poidamos expandir?. Pois esta é una pregunta que haberá que facerlle aos responsables da organización do Entroido, e si non saben contestala, que nos indiquen a quen facerlla.

111111111

Simplemente, boten una ollada a como se encontraba a  avd/ de Ourense, e aínda que pareza que non era así, o tráfico non estaba cortado.

A seguridade nestes casos, é mais importante e primordial, non vaia ser que o primeiro ano da nosa internacionalidade sexamos tamén portados dos xornais, pero por ter una desgraza…..