viernes 28.02.2020
Record de participación

Non cabía ninguén máis

5.000 persoas, segundo a Policía Local asistiron “in situ” ao Petardazo 2020

Non cabía ninguén máis

Cunha temperatura, que xa quixeramos moitas noites do mes de agosto e cun público totalmente entregado a “causa” e con moitas gañas de festa deu comezo o Entroido 2020 que por medidas de seguridade lanzou o petardazo dende o fondo da Praza Carlos Casares que non foi suficiente para acoller a todos os que se achegaron a Xinzo.

Praza 4Praza 3Praza 6

DE TÓDALAS PARTES DE GALICIA

Segundo fomos facendo o percorrido, como puidemos atopámonos con grupos de persoas totalmente disfrazadas que se achegaron a Xinzo dende moitos lugares da xeografía galega, por exemplo un grupo de “noivas” que viñeron dende a Costa da Morte.

Tamén non faltou un grupo bastante numeroso que non quería dicir que eran de Verín.

Praza 3Praza 2

Todo funcionou ben, polo menos ao peche desta redución.

Tal e como se especificaba no plan de autoprotección implantado nesta edición, a garda Civil e a Policía Local encargáronse de pechar ao tráfico a Avd/ de Madrid e de Ourense, para que así se puidera desconxestionar a Praza do petardazo e a rúa Curros Enríquez.

Praza 7