viernes 28.02.2020

Por primeira vez na historia, o Meco foi “colgado” por unha muller

O MECO, XA PRESIDE O ENTROIDO 2020

Por primeira vez na historia, o Meco  foi “colgado” por unha muller

Como xa é costume entre lusco e fusco, máis ben fusco,  comeza na praza de Oriente a “procesión” do Meco acompañado polo Touro, ben custodiado polos veciños, e con lume de fachucos e música a cargo de bandas de músicos dos anos 50 e con veciños ataviados con vestimenta de época. Neste ano o grupo invitado dos outros entroido a participar poñendo a música foron os do fulión de Viana do Bolo.

A súa chegada a praza Maior despois de colocarse o carro que transporta o Meco ao carón do ferro onde se colgará para presidir o Entroido procederase o acto de Colgamento.

PRIMEIRA MULLER NA HISTORIA EN COLGALO

Meco Concello 3

Este ano rompeuse coa “tradición” de que sexa un home o que faga o colgamento, executándoo por primeira vez unha muller.

Acompañado en todo momento cos sons das gaitas e os tambores o Meco foise erguendo pouco a pouco o seu lugar, momento en que todos os presentes irrompen con aplausos e dende ese momento continúa outra vez a festa.

Meco011