domingo 05.07.2020

O SÁBADO de Entroido resultou como se esperaba

Moita afluencia de xente vida de todas as partes e moita imaxinación

O SÁBADO de Entroido resultou como se esperaba

Dende a mañá os entroideiros de Xinzo e comarca foron tomando posicións na praza Maior e nas rúas do casco vello para facer o que levou ao noso Entroido a onde está, a teatralización e representación dos papeis que cada grupo ou individuo quere mostrar ao outros entroideiros.

Achegáronse pola praza os representantes da política de Cataluña e atopáronse co mesmísimo Pablo Iglesias e Echenique a quen pronto se uniron os anteriores e o ex -presidente Mariano Rajoi, quen foron enseguida invitados a unha gran paella con 50 Kg. de arroz que se preparou na mesma praza na que non faltou toda clase de mariscos.

Non faltou a alta burguesía de Xinzo que quixo trasladar o seu salón para a gran comida ata a mesmísima praza.

IMG_20200222_192220

TARDE DE SOL E TROULA SA

A troula trasladouse a unha tarde , xa non de primavera, se non das mellores do verán. O primeiro foi organizar o tráfico tal e como estaba descrito no plan de autoprotección para o que AXEGA instalou o seu posto de mando a carón da propia praza e as forzas  de seguridade foron tomando posicións para o corte do tráfico.  Na mesma rúa mantivéronse reunións a “alto nivel” entre os membros de AXEGA, concelleiros e responsables da organización do Entroido, iso si totalmente disfrazados e preparados para seguir. Grazas a esas medidas púidose disfrutar dunha gran tarde de Entroido sen ningún incidente, cousa que de outra maneira, coa cantidade de xente que acudiu seria imposible.

IMG_20200222_131726

Voltou a imaxinación aos grupos e individuos, achegándose ata Xinzo a réplica dos Beatles, para volver a gravar o paso de peóns e na rúa dos viños non faltaron a cita os bispos co botafumeiro e un dos disfraces máis orixinais que se teñen visto cal é o do rato da rateira comendo queixo.

Para ver o resto so tes que premer aquí.

IMG_20200222_132805

O SÁBADO de Entroido resultou como se esperaba