lunes 13.07.2020
DESFILE DO ENTROIDO 2020

Salvados polos ovos de Sta. Clara"

Desfile moi vistoso, moi ordenado e con moito público.
Os reis do entroido de Xinzo, de todos os anos
Os reis do entroido de Xinzo, de todos os anos

Un desfile ordenado, rúas despexadas, limpo, vistoso e con moito colorido foi o que esta mañá puidemos ver en Xinzo, coa axuda do tempo que ata esta mesma mañá ameazaba moita chuvia, e que ao final non veu ata esta hora da trade, polo menos.

Tal e como se había anunciado máis de corenta grupos con máis de setecentos participantes  desfilaron pola rúa principal de Xinzo, como antes non o víramos, debido as valas protectoras por todo o percorrido, impostas polo plan de seguridade.

Tamén puidemos ver durante o tempo que durou o desfile un helicóptero da Garda Civil, dando voltas por riba da vila.

E agora que?. Tempo teremos para pulsar as impresións dos que estaban de acordo co cambio, cos que non e inclusive cos compoñentes da comparsa de nenos que cantaban ao comezo do mesmo aquela de “que llueva, que llueva...”

Si estíbeche no desfile, mírate nas fotos de dendealimia.com