lunes 06.07.2020

Todo preparado para este fin de semana

Sábado e domingo Corredoiro

Todo preparado para este fin de semana

Todo está preparado na praza Maior para as celebracións deste fin de semana no Entroido.

Nova decoración e nova iluminación na carpa instalada na praza que supoñemos que sorprenderá a moita xente.

SÁBADO DE CORREDOIRO

Este ano as celebracións do sábado de Corredoiro (antes de féminas) enchen a maioría dos restaurantes da vila.

Dúas son as charangas que animarán a noite a partir das 22:00, Achicoria e a Fanfarria Pepe el Chelo.

DOMINGO CORREDOIRO

O domingo pola mañá será o primeiro día que as Pantallas saen as rúas, para avisar a todos  que o fin de semana de Entroido a cousa xa vai en serio e que todos aqueles que saian sen disfraz, serán collidos e obrigados a paga unha ronda.

A música estará a cargo das charangas XL e a Fanfarria Pepe el Chelo dende as 12:00 ata as 21:00

entroido sábado e domingo