Unha esteticista

isaura
Unha esteticista

Unha esteticista é unha profesional dedicada á mellora da beleza e relax do corpo e o rostro, ofrecendo á súa vez benestar persoal ó cliente.

Parte do noso traballo é asesorar a cada cliente acerca das súas necesidades específicas e adaptar o tratamento indicado. Non existen cremas universais que se poidan aplicar a todas as persoas, cada pel e corpo son únicos, por iso é importante contar cun asesoramento profesional sobre que cosméticos son os máis axeitados.

Isto lévanos a un tratamento persoal, cada cliente é diferente a outro, ten un nome, un rostro, cualidades e necesidades por tanto o trato debe ser moi persoal e íntimo. Tamén é fundamental a implicación do cliente en todos os tratamentos para que o resultado sexa óptimo e se adecúe as súas necesidades.

Na nosa profesión a formación é a base fundamental para ser unha boa esteticista. Débese ter un excelente coñecemento do corpo humano, produtos e tratamentos. Non hai que esquecer que nesta profesión nunca se pode deixar de aprender xa que o campo da estética está en constante cambio. É preciso adaptarse ás novidades, novos tratamentos, aparatoloxía e cosmética, a nosa formación debe ser sempre continua.

Resaltar o significativo que é saber distinguir a calidade dos cosméticos e tratamentos que se usan nun Instituto de beleza, acostuman ser exclusivos dese centro e son produtos que foron testados e probados con resultados excelentes.

Agora dou un paso máis e a partir de aquí estarei con vós dando a coñecer tratamentos, consellos e coidados de beleza e benestar.

Isaura Caramés Pérez