domingo 27/9/20

Cunetas que se converten nun vertedoiro

Cunetas que se converten nun vertedoiro

    As cunetas en Xinzo de Limia semella que en vez de usarse para recoller a auga prefiren empregarse como vertedoiros. 

A estrada que pasa a carón dun coñecido supermercado galego situado na zona da Devesa son un exemplo. 

O lixo acumúlase en grandes cantidades na zona. Numerosos plásticos, papeis, envases de alimentos...e así unha longa lista de residuos.

cuneta 2

 A falta de civismo das persoas cómpre sumarlle a falta de limpeza da zona por iso veciños e veciñas reclámanlle ó Concello que tome cartas no asunto. 

Comentarios