lunes 13.07.2020

Feismo en estado puro en Congostro-Rairiz

209
209

En tempos do “Emperador Xaquín”  na espectacular Aira da Moa de Congostro levouse a cabo unha obra de soterramento dos bidóns do lixo, despois déronse conta de que o camión de recollida non daba accedido ao lugar. Tras anos de malos cheiros  e recollidas cada varios meses, decidiron co permiso de varios veciños mover paredes cerres de vivendas ,  incluso cortar algún balcón. E de repente chántanos no lugar dos mesmos outros bidóns  de superficie. Feismo en estado puro. ¡Logo pretenden que os veciños respeten o patrimonio histórico co exemplo que eles dan!.

Un veciño de Congostro

Comentarios