martes 15/6/21

Foto denuncia: Vivir con dignidade

gitano-300x300-215x193
gitano-300x300-215x193

Pódese vivir mellor...moito mellor, pero quizais con non tanta dignidade. Pensamos que a mesma diginidade que lle falta ós responsables, sexan quen sexan, de que este veciño de xinzo alias "Gitano" siga vivindo e durmindo no campo do Toural, tendo como teito as uralitas do mercado, e sen máis paredes que uns tableiros que dan paso á zona de descanso onde se encontramos o seu sofá, mesa e catre.

Pero o que ninguén pode decir e que non está todo limpo e aseado.

E nestes intres ocurrenseme varias preguntas: 1.- Imaxinan vostedes as noites a -6º de toda esta semana durmindo en tal estado? 2.- Saben que levaron deste sitio ós cans, porque non tiñan condicións dignas para estar? 3.- Non debería caernos a cara de vergoña que estas noites alguén, veciño do pobo, viva nestas circustancias? 4.- Sabían que ata fai un mes vivía no mesmo sitio nun Land Rover medio desfeito e alguén ordenou que o quitaran? Posiblemente por algunha lei de Medio Ambiente.