lunes 10/8/20

POUCA vista e MOITA desidia

POUCA vista e MOITA desidia

O da pouca vista, está a vista. Esta sinal xa fai moito tempo que non se ve, dende logo dende calquera vehículo que pase a máis do permitido, que son a maioría.

Pero tamén desidia e pouco “sentidiño”. Investimos unhas cantas  ducias de miles de euros en facer unha obra, reiteradamente solicitada ,e a piques de rematala, moi ben feita por certo, podemos apreciar que a sinal,(60 ou 70 €) segue sendo a mesma.  O problema é que se agora se lle acorda cambiala, xa hai que romper o feito.

A ninguén se lle ocorre arranxar o corredor da súa casa, pórlle madeira no chan, pintar as paredes e despois deixar o percheiro vello.

Xa dicía o Quixote: “cousas veredes amigo Sancho….”

Comentarios