miércoles 30/9/20
Trátase do cuarto ano consecutivo no que o afectado reclama esta situación ante o Concello de Rairiz de Veiga

Un veciño de Padroso denuncia a falta de luminaria pública no entorno próximo á súa vivenda

A falta de lámpadas na zona afecta a dous veciños, que tras poñerse en contacto coas autoridades competentes, aínda non teñen recibido ningunha solución. 

O camiño que leva á casa de José Ramón Parada, o veciño de Padroso (Rairiz de Veiga) que denuncia a falta de luminaria pública. | FOTO: Cedida.
O camiño que leva á casa de José Ramón Parada, o veciño de Padroso (Rairiz de Veiga) que denuncia a falta de luminaria pública. | FOTO: Cedida.

Un veciño de Padroso denuncia a falta de luminaria pública na zona onde se sitúa a súa vivenda: trátase do cuarto ano consecutivo que se enfronta a esta situación.

O veciño ten reclamado con anterioridade ante o Concello e, ó parecer, a resposta que recibe dos operarios é que se informará ás autoridades competentes. En dúas ocasións, o alumeado -aínda que con retraso- rematou por ser instalado na zona; os dous anos seguintes, a petición foi ignorada. 

José Ramón Parada visita a localidade nas vacacións -aproximadamente dúas veces ó ano- e a falta de lámpadas semella ser unha constante nas épocas itinerantes que pasa en Rairiz

Agora, tanto el coma a súa veciña -que habita na vivenda colindante- levan 7 días sen luminaria pública e ambos admiten estar cansos de agardar. Segundo conta o veciño, dende o Concello coméntanlles que hai opcións prevalentes que atender e que deberán manterse á espera. 

Mentres tanto, nin Ramón Parada nin a súa veciña contan ca luminaria que lles pertence por dereito e lles proporciona seguridade.

Un veciño de Padroso denuncia a falta de luminaria pública no entorno próximo á súa...
Comentarios