domingo 27/9/20

Xinzo capital do ESQUECEMENTO e do ENTROIDO

88
88

Este titular supoño que ninguén a estas alturas o pon  en dúbida. Pero non é o momento de falar de ningunha das dúas festas , porque as dúas están lonxe , tanto para atras como para diante no calendario.

87Pero o que parece que entrou en ESQUECEMENTO foi o concello.

 Explícome: Sacou da Praza Maior os carteis das últimas eleccións, que xa con resaca vai para 16 dias , e ESQUECEUSE de retirar o paneis que están mesmo o carón  da porta  do Concello. Está claro que isto tense que deber simplemente a un ESQUECEMENTO.

Non así o da  empresa encargada de por os do PPdG, que seguro que non é polo mesmo esconxuro, porque supoñemos que non terá a súa sede na nosa vila, polo que non está afectado polos efluvios do noso río Lethes.