miércoles 30/9/20
O lume comezou ás 20:05 e permanece activo na parroquia de San Xes de Vilariño

Novo ataque ao parque natural do Xurés, en Lobeira

O novo foco computa coma o sétimo que pon en perigo, dende o pasado xoves, o parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.

DSC_1332 (FILEminimizer)
O sexto incendio que asolou o parque natural do Xurés, iniciado en Manín (Lobios) o pasado sábado, 10 de agosto. | FOTO: Noelia Caseiro.

Segundo as informacións de Medio Rural, un novo foco incendiario afecta ó ecosistema do parque natural do Xurés. As primeiras lapas rexistráronse cara ás 20:05 da tarde deste xoves, 10 de agosto, na parroquia de San Xes de Vilariño, no Concello de Lobeira.

É o segundo lume que se produce no municipio na última semana, tras o conato de incendio que quedou controlado o pasado mércores, 5 de agosto, na localidade de Parada do Monte.

Polo momento non hai estimación de superficie, pero o terreo afectado non supera as 20 hectáreas.

Nas labores de extinción mobilizáronse, polo momento: 2 axentes, 8 brigadas, 3 motobombas, 4 avións e 3 helicópteros.

Os medios aéreos comezan a retirarse da zona debido á caída do día e os equipos terrestres continúan colaborando nas tarefas de apagamento.

Comentarios