viernes 10.04.2020

A estrada Celanova-fronteira portuguesa xa ten orzamento para o proxecto que suporá unha inversión de 9 millóns de euros

Concreta que con esta actuación o 44% dos 34 km que separan a saída da autovía en Celanova Sur e a ponte de Lindoso disporán dun terceiro carril de adiantamento ademais de mellorar o seu trazado, que sumará 4,5 km de rectificacións de curvas

A estrada Celanova-fronteira portuguesa xa ten orzamento para o proxecto que suporá unha inversión de 9 millóns de euros

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez destacou a licitación hoxe da redacción do proxecto de mellora da estrada OU-540, desde Celanova ata a Baixa Limia e a fronteira portuguesa.

A conselleira e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, mantiveron onte no municipio de Lobios unha xuntanza cos alcaldes de Bande, Entrimo, Lobeira, Muíños e a rexedora de Lobios, para abordar de primeira man o proxecto e os prazos previstos antes de presentalo publicamente.

Vázquez Mourelle informou que o contrato deste proxecto, que completará o eixe de comunicación Ourense – Celanova – Fronteira portuguesa coa mellora da estrada desde ethel 2Celanova ata Lobios, conta cun orzamento de 200.000 euros. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 14 de xaneiro, tal e como recolle a publicación na Plataforma de Contratos de Galicia.
Explicou que o proxecto de actuación nesta estrada vai incluír a intervención en varios treitos para aumentar a súa capacidade coa execución de novos terceiros carrís de adiantamento. Isto, sinalou, vai supoñer unha mellora cualitativa para os case 7.000 veciños da Baixa Limia que diariamente percorren a mesma, cun volume de tráfico diario de entre 1.500 e 2.500 coches, e que se incremente considerablemente no mes de agosto ata preto dos 4.000.
Concretou que dos 34 km que separan a saída da autovía en Celanova Sur e a ponte de Lindoso, practicamente 8 disporán dun novo terceiro carril de adiantamento, o que unido aos terceiros carrís xa existentes, farán que 15 km, o 44% do percorrido, conten con terceiro carril de adiantamento.

A isto hai que engadir a mellora do trazado, sumando 4 quilómetros e medio de rectificacións de curvas.

Un proxecto que a conselleira cualificou de ambicioso e cuxa execución supón un investimento da orde dos 9 millóns de euros, e que, tal e como salientou suporá unha importante mellora nas comunicacións interiores da Baixa Limia e nas súas conexións con Celanova e Ourense.

A estrada Celanova-fronteira portuguesa xa ten orzamento para o proxecto que suporá...