miércoles 30/9/20
As primeiras lapas rexistráronse ás 12:10 horas deste martes 1 de setembro

Extinguido un lume na parroquia de Manín, en Lobios (Ourense)

O incendio forestal xa foi extinguido tras afectar a 0,10 hectáreas dentro do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.

Unha das aeronaves que realizaba as labores de extinción en Manín, (Lobios), tras o rescate do hidroavión accidentado. | FOTO: Noelia Caseiro.
Unha das aeronaves que realizaba as labores de extinción en Manín (Lobios), tras o rescate do hidroavión accidentado o pasado 8 de agosto. | FOTO: Noelia Caseiro.

Segundo fontes da Consellería de Medio Rural, cara as 14:30 horas desta tarde quedou extinguido un incendio forestal rexistrado en Lobios. 

O lume iniciouse ás 12:10 horas da mañá deste martes, 1 de setembro, na parroquia de Manín, no concello ourensán.

As lapas afectaron a unha superficie estimada de 0,10 hectáreas dentro do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés -0,09 ha arboradas e 0,01 ha rasas-. 

O incendio foi estabilizado ás 12:55 horas da mañá e controlouse pouco despois, ás 13:00 horas do mediodía. 

Nas tarefas de extinción mobilizáronse: 1 axente, 3 brigadas, 2 motobombas e 1 helicóptero. 

Comentarios