miércoles 30/9/20
Outro compañeiro foi evacuado mentres permanecía consciente, pero en estado grave

Falece un dos tripulantes do avión accidentado en Manín (Lobios)

A aeronave atopábase nunha zona de difícil acceso e os sanitarios tardaron unha hora en chegar.

O hidroavión que impactou contra a ladeira do monte mentres realizaba as tarefas de extinción en Manín, en Lobios. | FOTO: Noelia Caseiro.
O avión FOCA que impactou contra a ladeira do monte mentres realizaba as tarefas de extinción en Manín, en Lobios. | FOTO: Noelia Caseiro.

A colisión produciuse cando un avión Foca (Canadair CL-215), que se atopaba realizando as tarefas de extinción en Manín, impactou contra a ladeira do monte.

Os dous tripulantes resultaron feridos no accidente. A BRIF de Laza informou, a través da súa conta de Twitter, do estado de ambos: un deles perdeu rapidamente a consciencia, mentres que o segundo continuaba consciente no momento do rescate.

Ambos conseguiron abandonar a aeronave polo seu propio pé pero o compañeiro falecido, un portugués duns 65 anos, só puido camiñar uns metros ata esvaecerse.

34bdcf29-b4bb-4b9a-ab4f-2c77566f7361Os servizos de emerxencia enviados para colaborar nas labores de rescate dos tripulantes do avión accidentado. | FOTO: Noelia Caseiro.

Os servizos sanitarios tardaron unha hora en chegar debido a que se trataba dunha zona de difícil acceso. Tras varios intentos de reanimalo, o primeiro tripulante perdeu a vida e o compañeiro, un salamantino de 35 anos que permanecía consciente no momento do rescate, tivo que ser trasladado en estado grave e con politraumatismos. 

Segundo as primeiras hipóteses, apúntase a que a aeronave perdeu potencia cando se aproximaba ao foco do lume, porque testigo presenciais aseguraron que descargou a auga antes de achegarse ás lapas. Posteriormente, tras entrar en pérdida, acabou colisionando contra a ladeira dun monte con moitas rochas. 

Ás 5 da tarde, o corpo do compañeiro falecido permanece no monte de Val de Aceredos, no Concello de Lobios á espera de que o forense, Fernando Serrulla, se achegue para proceder ao levantamento do cadáver.

As lapas continúan en Lobios tras queimar 10 hectáreas de parque natural. Os medios aéreos e terrestres seguen colaborando nas labores de extinción. 

Unha das aeronaves que continúa realizando as labores de extinción en Manín, (Lobios), tras o rescate do hidroavión accidentado. | FOTO: Noelia Caseiro.Unha das aeronaves que continúa realizando as labores de extinción en Manín, (Lobios), tras o rescate do hidroavión accidentado. | FOTO: Noelia Caseiro.

O lume iniciouse hoxe, sábado, 8 de agosto, ás 8:00 horas da mañá e na súa extinción lévanse mobilizado: 4 axentes, 8 brigadas, 3 motobombas e 9 avións.

Comentarios