miércoles 26.02.2020

A Garda Civil recupera o cadáver do deportista falecido en Lobios tras cinco días de rescate

     O xoves foi un día de satisfación tanto para os familiares como o equipo de rescate que traballou arreo en Lobios. Tras cinco días de operativo e tras moitos inconvintes, a Garda Civil conseguiu recuperar o corpo do mozo portugués de 38 anos que sufriu un accidente o sábado mentres practicaba descendo de barranco.

G 

En total participaron oito integrantes do Equipo de Rescate e Intervención de Montaña da Garda Civil de Trives e Cangas de Onís. 

O rescate tivo lugar o xoves pasadas as 13h da mañá cando os axentes conseguiron rescatar o corpo do falecido que se atopaba nunha greta de tan só 50 centímetros de ancho e dous de profundidade.  

Ata o lugar dos feitos trasladouse o helicóptero Pesca 1 para trasladar o cadáver ó Complexo Hospitalario de Ourense e así poder practicarlle a autopsia. 

Comentarios