jueves 13/8/20

Un home ferido ó cortarse cunha rebarbadora en Lobios

    Un home resultou ferido na tarde do xoves ó cortarse cunha rebarbadora mentres estaba traballando pola súa conta. Os feitos tiveron lugar en San Paio, na parroquia de Araúxo. 

lobios

O accidente produciuse pasadas as 20h da tarde. Os GES de Lobios alertaron ós servizos de emerxencia 112 Galicia. Dúas ambulancias foron movilizadas ata o punto onde se produciu o suceso. 

En cuestión de dous días é o segundo accidente que se produce a raíz do uso de maquinaria en casas particulares. O mércores un veciño de Bande tiña que ser atendido tras cortarse coa motoserra mentres traballaba na súa leira. 

 

Comentarios