domingo 23.02.2020

Lobios contará cunha residencia de maiores co apoio da Xunta

Lobios contará cunha residencia de maiores co apoio da Xunta

    A alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez, mantivo unha xuntanza co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, para presentarlle á Xunta o proxecto da residencia de maiores. O encontro saldouse co apoio da consellería para a construción do edificio.

Ambos mandatarios resaltaron a importancia de sacar adiante políticas destinadas a maiores e á infancia. Nesta liña o Concello de Lobios tamén lle socilitou á Xunta o recurso das novas Casas-Niño orientadas a atender as necesidades de conciliación familiar. 

A rexedora e o conselleiro salientaron que sería preciso un incremento de 2.700 horas anuais no Servizo de Axuda no Fogar neste 2016 co fin de dar cobertura á totalidade de poboación que o precisa. 

Comentarios