domingo 23.02.2020

Lobios pon en marcha a mellora do acceso á zona termal de Riocaldo

Lobios pon en marcha a mellora do acceso á zona termal de Riocaldo

    O proxecto que puxo en marcha o Concello de Lobios consiste en realizar traballos de mellora na zona pola que se accede a Riocaldo. En concreto levando a cabo labores para soterrar elementos e eliminar barreiras na vía principal que conduce á zona termal. 

O custe das obras é de 60.000 euros que se pagan con fondos da Deputación de Ourense grazas ó Plan Termal. A intención é atraer o turismo e garantir que os visitantes teñan unha boa estancia e poidan gozar do espacio natural de Riocaldo. 

Dende o Concello engaden que teñen proxectos futuros para desenvolver nesta zona como as eco-caldas. Así mesmo tratarán de dotar de máis servizos ó espazo de baño publico pasando por frear os vertidos directos ó río e acondicionar un paseo verde que conecte os distintos puntos. Para levar a cabo estas melloras, Lobios contará co apoio de socios portugueses e do resto de Ourense. 
 

Comentarios