21 de mayo de 2021, 16:06
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións no concello de Lobios.
CEAS ATA A UNHA DA MADRUGADA EN RESTAURANTES E BARES DE TAPAS
O comité tamén acordou permitir as ceas ata a unha da madrugada nos locais de hostalería, independentemente de se teñen licenza ou non de restaurante. Polo tanto, os locais que dean ceas, poden dalas nas mesmas condicións que os restaurantes.
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro sábado, 22 de maio.