miércoles 30/9/20
Do lado portugués, cuantifican en 200 as queimadas no Parque Nacional Peneda-Gerês, e a Xunta fala de 400 no lado español

O lume, aínda activo en Lobios, xa queimou unhas 600 hectáreas a un e outro lado da raia

Durante as labores de extinción, produciuse o accidente do hidroavión C-2015 que provocou a morte do piloto portugués Jorge Jardim, de 65 anos, e feriu de gravidade ao copiloto salamantino, de 38.

O tripulante español atópase estable, fóra de perigo, aínda que continúa ingresado; durante a fin de semana, as redes sociais tinguíronse de loito inundado con mensaxes de apoio e admiración para a familia e os compañeiros do falecido. 

O C-2015 que colisionou coa ladeira do monte cando se atopaba realizando as tarefas de extinción no incendio de Manín. | FOTO: Noelia Caseiro.
O C-2015 que colisionou coa ladeira do monte cando se atopaba realizando as tarefas de extinción no incendio de Manín. | FOTO: Noelia Caseiro.

Xa son máis de 600 as hectáreas queimadas no lume que está a afectar ao parque natural do Xurés - Gerês, a un e outro lado da fronteira con Portugal, no Concello ourensán de Lobios. Trátase do sexto incendio que ameaza o espazo protexido dende o pasado xoves

A Consellería de Medio Rural estima, no último parte, en máis de 400 as hectáreas afectadas polas lapas. Pola súa banda, o secretario de Estado da Conservación da Natureza do Goberno portugués informa que a última hora deste domingo o incendio do Parque Nacional Peneda-Gerês xa levaba consumidas cerca de 200 hectáreas, centrándose os principais esforzos na protección da coñecida como Mata do Cabril, considerada como "zona de protección total".

"Estamos a fazer tudo para que não chegue à zona de proteção total que é a Mata do Cabril. Aí, sim, temos enormes valores ambientais. É o "ex-libris" daquele parque nacional, que é o único que temos", comentaba o secretario, João Catarino

DSC_1311 (FILEminimizer)O estado do terreo do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés, nos últimos momentos da tarde de onte, domingo 9 de agosto, tras sufrir o incendio iniciado en Manín (Lobios). | FOTO: Noelia Caseiro.

Por riba dos danos materiais, cabe destacar o falecemento en acto de servizo do piloto do hidroavión CL-2015, Jorge Jardim.

Ao seu carón, voaba o copiloto salamantino de 38 anos que tamén resultou ferido de gravidade no accidente e foi trasladado polo PESCA 1

O rapaz logrou recuperarse e atópase, dende onte "estable e fóra de perigo" segundo o perfil oficial da  Asociación de traballadores pertencentes ás BRIFF do Ministerio

A aeronave pertencía á empresa civil Babcock, con sede en Matacán (Salamanca): o goberno portugés ten alquilados tres avións coas mesmas características -dous deles operativos e outro en reserva- no aeroporto de Castelo Branco.

O CL-2015 accidentado, tivo que ser mobilizado polos medios de Protección Civil de Portugal ao decatarse de que o lume atravesaba a fronteira e chegaba á parroquia de Manín.

A aeronave accidentada nas labores de extinción do lume, do pasado sábado, 8 de agosto, en Manín. | FOTO: Noelia Caseiro. A aeronave accidentada nas labores de extinción do lume, do pasado sábado, 8 de agosto, en Manín. | FOTO: Noelia Caseiro.

No seu control, lévanse mobilizado: 1 técnico, 13 axentes, 35 brigadas, 15 motobombas, 2 pas, 9 avións e 9 helicópteros. Cara as 13:59 horas de onte domingo, axudou a chegada de efectivos da Brigada de Reforzo en Incendios Forestais do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, con base en Tabuyo del Monte (León)

UME (Unidad Militar de Emergencias) tamén foi activada durante as labores de extinción, segundo informaba a Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias de España: 

O BNG pide investigar as causas do sinistro

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pediu este sábado, a través das súas redes sociais, que se investiguen as causas do accidente do hidroavión: fíxoo despois de transmitir as súas condolencias á familia e compañeiros do falecido. Pola súa parte, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo tamén quixo trasladar o seu pésame e agradecer aos servizos de emerxencia "a súa profesionalidade e pronta actuación", pero non falou de investigar as causas do sinistro, polo momento. Si que o fixo a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, que sinalou que se deberán esclarecer as causas do accidente, despois de trasladar o seu "cariño" ao falecido e desexar a pronta recuperación do compañeiro ferido. O presidente Pedro Sánchez, tamén quixo transmitir o "recoñecemento de todo o Goberno aos equipos que loitan contra os incendios forestais", pero tampouco falou da investigación pertinente. A deputada provincial do BNG en Ourense, Noa Presas, avanzou que pedirá, durante a próxima semana, a comparecencia da Xunta ante o Parlamento para que informe de todos os «detalles» que se coñezan. 

 

Comentarios