miércoles 30/9/20
A aeronave colidiu contra o monte mentres realizaba labores de extinción na parroquia de Manín

Aviación Civil ditamina que o hidroavión estrelado en Lobios foi incapaz de remontar o vóo nunha pronunciada ladeira

O incendio forestal, no que actuaban medios de extinción aéreos e terrestres, rematou por queimar 425 hectáreas, na área pertencente ó parque natural do Xurés, e deixou tras de si a vida do piloto portugués Jorge Jardim, de 65 anos. A comisión de investigación do sinistro ditaminou que a aeronave foi incapaz de remontar o vóo ao tentar superar unha pronunciada ladeira. 

O hidroavión que impactou contra a ladeira do monte mentres realizaba as tarefas de extinción en Manín, en Lobios. | FOTO: Noelia Caseiro.
O hidroavión que impactou contra a ladeira do monte mentres realizaba as tarefas de extinción en Manín, en Lobios. | FOTO: Noelia Caseiro.

O sinistro do hidroavión no que faleceu un piloto en Manín (Lobios) produciuse nun intento de ascenso a unha ladeira moi pronunciada, segundo fontes da Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes de Aviación Civil (Ciaiac).  A delegación -adscrita ó Ministerio de Transportes- enviou un equipo de investigadores á zona para resolver as causas da catástrofe.

O accidente da aeronave -que loitaba contra o lume o pasado 8 de agosto en Lobios (Ourense)- tivo lugar cando a mesma realizaba un ascenso voando por riba dunha ladeira de pendente moi pronunciada no Xurés, segundo as pesquisas da Ciaiac. Momentos despois, ás 12:20 horas, o avión Canadair CL-215-1A10 precipitouse contra o chan, orixinando un pequeno incendio na zona da colisión.

As brigadas, que participaban nas labores de extinción do incendio forestal, desprazáronse de inmediato ó lugar do accidente e puideron sofocar o lume causado polo impacto da aeronave.

Unha das aeronaves que continúa realizando as labores de extinción en Manín, (Lobios), tras o rescate do hidroavión accidentado. | FOTO: Noelia Caseiro.Unha das aeronaves que continuou realizando as labores de extinción en Manín, (Lobios), tras o rescate do hidroavión accidentado. | FOTO: Noelia Caseiro.

Os dous ocupantes resultaron feridos de gravidade e, aínda que puideron abandonar o avión polos seus propios medios, non conseguiron alonxarse moito do lugar do sinistro.

piloto portugués, de 65 anos, faleceu mentras era atendido polos servizos de emerxencia, logo de saír polo seu propio pé da aeronave. O copiloto salamantino, que xa se atopa estable e fóra de perigo, foi trasladado en helicóptero a un centro hospitalario de Portugal.

Os medios sanitarios mobilizados chegaron á zona 1 hora despois de producirse o sinistro, debido ás dificultades de acceso que presentaba o perímetro.

A aeronave sinistrada pertence á empresa civil Babcock, con sede en Matacán (Salamanca), á que o Goberno de Portugal ten alquilados tres avións -dous operativos e un en reserva- xestionados por Protección Civil no aeroporto de Castelo Branco.

O hidroavión accidentado nos montes de Lobios. | FOTO: Noelia Caseiro.O hidroavión Canadair CL-215-1A10 accidentado nos montes de Lobios. | FOTO: Noelia Caseiro.

O incendio forestal, que entrou dende Portugal e afectou á parroquia de Manín, quedou extinguido o 12 de agosto, despois de arrasar 425 hectáreas na zona de reserva da biosfera Gerés-Xurés, situada entre as provincias de Ourense e Pontevedra e a fronteira con Portugal.

Comentarios