miércoles 26.02.2020
Lume

Onte extinguiuse un incendio forestal rexistrado en Lobios o domingo

As altas temperaturas de abril traen consigo a volta dos lumes á comarca da Baixa Limia.

Imaxe dun momento da extinción do lume.
Imaxe dun momento da extinción do lume.

O incendio forestal foi detectado o pasado domingo ás 17:35 horas e quedou finalmente extinguido ás 15:00 horas do mediodía de onte, martes. Segundo as últimas estimacións, a superficie calcinada foi de 133 hectáreas, das cales 63 eran de monte raso e o resto de arborado.

Na súa extinción traballaron 10 axentes, 22 brigadas, 12 motobombas e 5 helicópteros. A Consellería do Medio Rural lembra que permanecen prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais ata novo aviso.

A Consellería do Medio Rural informou da extinción do lume rexistrado no concello ourensán de Lobios, na parroquia de Grou.

Comentarios