miércoles 26.02.2020

Suspenden ata o martes as labores de rescate do cadáver do deportista que faleceu en Lobios

O caudal do río impediu seguir co operativo de rescate 

Suspenden ata o martes as labores de rescate do cadáver do deportista que faleceu en Lobios

    As labores de rescate do cadáver do deportista que faleceu esta fin de semana en Lobios, tiveron que suspenderse na xornada do luns por mor do caudal do río. O corpo está encaixado entre as pedras e iso xunto co desnivel da fervenza e as fortes correntes de auga están a retrasar o operativo de emerxencia. 

Os feitos sucederon o sábado cando un mozo de orixe portuguesa practicaba descenso en barranco xunto con outros amigos na Corga da Fecha. Por feitos que se descoñecen, o deportista quedou atrapado nunha greta da fervenza. Foron os seus propios acompañantes os que alertaron ós servizos de emerxencia que tras localizar o cadáver comezaron coa operación de rescate. 

Durante a mañá do martes os efectivos que participan na operación poranse á fronte do operativo para recuperar o corpo do mozo e practicarlle a autopsia. No lugar do suceso traballan os GES e membros de Protección Civil de Lobios xunto con axentes especializados da Garda Civil de montes. 

Entre tanto os familiares do falecido permancen aloxados no balneario de Lobios e reciben atención psicolóxica. 

Comentarios