lunes 21/9/20
Un novo incendio forestal asedia o parque natural do Xurés, na comarca da Baixa Limia

Arde unha motobomba no incendio forestal de Requiás, Muíños

Trátase do terceiro lume que se produce na parroquia en menos de 24 horas: os outros dous focos, iniciados onte, xoves 6 de agosto, déronse por extinguidos esta madrugada e afectaron a 1,07 hectáreas de monte raso. 

 

A motobomba calcinada no incendio que se iniciou este venres, ás 13:20 horas, en Requiás (Muíños). | FOTO: Recuperada.
A motobomba calcinada no incendio que se iniciou este venres, ás 13:20 horas, en Requiás (Muíños). | FOTO: Recuperada.

Unha motobomba municipal pertencente ao Concello de Calvos de Randín rematou calcinada no incendio iniciado este venres, 7 de agosto, na parroquia de Requiás, en Muiños. 

O lume foi rexistrado ás 13:20 horas e leva afectado a unha superficie estimada de 20 hectáreas, segundo informa Medio Rural. 

O incidente non deixou feridos e algúns dos medios de extinción desprazados comezaron a abandonar o lugar pasadas as 18:30 desta tarde; entre eles a BRIFF Laza, que se despedía coas seguintes imaxes: 

 

O parque natural do Xurés, en perigo

Medio Rural advirte da especial preocupación polo parque natural do Xurés: é a cuarta vez que o espazo protexido está en perigo nas últimas 24 horas. En Requiás queimouse unha superficie estimada de 1,07 hectáreas de monte raso nos dous focos iniciados na noite do pasado xoves; ambos se deron por controlados este venres, de madrugada. A extensión afectou ao parque natural do Xurés, que tamén estivo asediado polo incendio iniciado en Lobeira e que se deu por controlado hoxe, ás 12:05 horas, tras queimar unha superficie aproximada dunhas 20 hectáreas. Este novo lume na parroquia pertencente a Muiños é o cuarto que se suma a lista dos perigos que ameazaron, en menos de 24 horas, un dos espazos naturais máis importantes da provincia. 

Comentarios