domingo 29.03.2020

O conselleiro José Manuel Rey Varela entrevistouse esta mañá en San Caetano co rexedor Plácido Álvarez Dobaño, alcalde de Muiños

288
288

Na entrevista  fixeron un repaso dos principais recursos sociais cos que conta a localidade, entre os que destacan o Servizo de Axuda no Fogar, que ofrece 9768 horas anuais de atención aos veciños e veciñas

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, convocou un novo encontro con alcaldes e alcaldesas de Galicia, neste caso, co rexedor do concello de Muíños, Plácido Álvarez Dobaño, co obxectivo de afondar nas liñas de colaboración entre administracións para garantir o benestar dos galegos e galegas.

Ambos mandatarios fixeron un repaso dos principais recursos sociais cos que conta a localidade, entre os que destacan o Servizo de Axuda no Fogar, que ofrece 9768 horas anuais de atención aos veciños e veciñas deste concello ourensán.

No que atinxe ao mapa de infraestruturas locais, Muíños conta cunha residencia para persoas maiores en cuxa construcción colaborou a Xunta e que na actualidade conta con 30 prazas no centro de día e outras 40 residenciais.

Así mesmo, no ámbito da conciliación e do benestar dos nenos e nenas, a Xunta xestiona a escola infantil unitaria da localidade, que conta cunha unidade e 20 prazas.

Rey Varela e Álvarez Dobaño acordaron seguir estudando posibles novas vías de colaboración entre a administración autonómica e a local para mellorar e ampliar os servizos de atención aos veciños de Muíños.

Comentarios