A Deputación aproba modificar os convenios con Bande e Muíños para Badella e As Conchas

Embalse das Conchas 1
A Deputación aproba modificar os convenios con Bande e Muíños para Badella e As Conchas

Montserrat Lama deu conta dos acordos da Xunta de Goberno da Deputación de Ourense.

No apartado de cooperación cos concellos da provincia, a Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou a modificación de tres convenios de colaboración asinados entre a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, a Deputación de Ourense e cos concellos de Bande, Padrenda e Muíños.

Nos tres convenios, a modificación refírese aos cambios necesarios para adaptar as achegas económicas ás novas necesidades e ao ritmo de execución das actuacións.

O convenio co Concello de Bande corresponde ás obras do proxecto prolongación do acondicionamento das marxes do río Badella; o convenio co Concello de Padrenda corresponde ás obras do proxecto de paso sobre o río Gorgua; e o convenio co concello de Muíños corresponde ao proxecto dunha senda peonil no encoro das Conchas.