A Deputación destina 470.000 € para obras de Infraestruturas, Medio Ambiente, Cultura, Deporte e Servizos Sociais nos concellos

1200px-Casa_consistorial_de_Muíños
A Deputación destina 470.000 € para obras de Infraestruturas, Medio Ambiente, Cultura, Deporte e Servizos Sociais nos concellos

Solo un concello da Limia recibiu fondos nesta ocasión

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou na reunión celebrada hoxe un total de 470.279 euros en axudas a concellos e entidades da provincia de Ourense, para desenvolver diversas actuacións en materia de Infraestruturas, Cultura, Medio Ambiente, Deporte e Servizos Sociais. Así o informou a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 14 de setembro de 2018.

O Concello de Muíños aprobáronse na xuntanza dúas axudas: unha de 18.546 euros para o equipamento do CEIP de Mugueimes, e a outra axuda por importe de 60.617 euros para a ampliación, reforma e equipamento da residencia “Virxe da Clamadoira”.