domingo 29.03.2020
Deputación

A Deputación executará proxectos medioambientais en Bande e Muíños

A Deputación de Ourense aprobou unha achega de 209.000 euros destinada a catro proxectos de carácter medioambiental.

Imaxe do Encoro das Conchas.
Imaxe do Encoro das Conchas.

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou unha achega de 209.000 euros destinada a catro proxectos de carácter medioambiental a realizar en áreas fluviais dos municipios de Bande, Muíños, Padrenda e Leiro, obras que se executarán a través de convenios coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil e os citados concellos.

O primeiro dos proxectos –dos dous correspondentes á comarca da Baixa Limia–  executarase no río Badella, ao seu paso polo Concello de Bande, e permitirá prolongar o sendeiro xa existente en 800 metros máis, ademais da limpeza do río. O investimento será de 295.000 euros, dos que o 20 % (59.000 euros) serán achegados pola Deputación e o 80 % restante (236.000 euros) pola Confederación Hidrográfica. O Concello de Bande, pola súa parte, farase cargo do mantemento e conservación destas obras.

O convenio que terá como beneficiario o outro concello limián –o Concello de Muíños– vai destinado a unha senda peonil na marxe esquerda do encoro das Conchas, xunto ao complexo turístico-deportivo do Corgo, e que conectará coa rede de sendas xa existentes. O investimento necesario é de 80.000 euros, dos que o 50 % (40.000 euros) serán achegados pola Deputación e o 50 % restante (outros 40.000 euros) pola Confederación.

Comentarios